Rock Music
Advertisement
Gorillaz Logo
Gorillaz
{{{caption}}}
Orixe Essex
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Período 2000 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, hip hop alternativo, rock electrónico, trip hop
Selo(s) discográfico(s) Parlophone, Virgin Records
Membros 2D
Murdoc Niccals
Noodle
Russel Hobbs
Antigos membros
Web oficial http://www.gorillaz.com

Gorillaz é unha banda virtual inglesa, composta por catro personaxes de animación ficticios: 2D, Murdoc, Noodle e Russel. A banda foi creada por Damon Albarn, líder da banda de britpop Blur, e Jamie Hewlett, un dos creadores do cómic Tank Girl.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

As persoas que están detrás de Gorillaz, Damon Albarn e Jamie Hewlett, formaron a banda en 1998, cando ambos vivían xuntos nun piso en Westbourne Grove. Inicialmente bautizaron o proxecto como "Gorilla", e a primeira canción gravada foi "Ghost Train", posteriormente editada como cara-b no seu sinxelo "Rock the House" e no recopilatorio de caras-b G-Sides. O trío de músicos que compoñían a primeira encarnación de Gorillaz, Damon Albarn, Del tha Funkee Homosapien e Dan the Automator, traballaran xa xuntos na canción "Time Keeps on Slipping" para o álbum de debut de Deltron 3030.

A primeira edición da banda foi o EP Tomorrow Comes Today, lanzado no ano 2000. Este foi moi ben recibido na escena underground do Reino Unido, xerando tamén un halo de misterio sobre quen estaba detrás da banda e o que se podía esperar dela nos seguintes meses. Nalgúns puntos de venda circulou un folleto promocional cunha historia ficticia da banda de debuxos animados.

Discografía[]

Álbumes[]

EPs[]

Ligazóns externas[]

Advertisement