Fandom

Rock Music

Garbage

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Garbage Logo.jpg
Garbage.jpg
{{{caption}}}
Orixe Madison, Wisconsin
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 1994-actualidade
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s) Universal Music Group/Almo Sounds, Warner Music
Membros Duke Erikson
Shirley Manson
Steve Marker
Butch Vig
Antigos membros
Web oficial http://www.garbage.com


Garbage é unha banda estadounidense formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson, Shirley Manson, Steve Marker e Butch Vig.

Historia Editar

Antes da formación de Garbage, os catro integrantes da banda xa tiñan bastante experiencia na música. Butch Vig, o baterista, foi o que tivo a maior notoriedade, como produtor dalgúns dos maiores clásicos da década dos 90 (Nevermind de Nirvana, Siamese Dream de The Smashing Pumpkins e Dirty de Sonic Youth, por citar tres deles). Steve Marker e Duke Erikson tamén eran produtores, e a escocesa Shirley Manson era a vocalista da banda Angelfish.

A finais da década dos 80, os amigos Butch Vig e Duke Erikson, que vivían en Madison, montaron un pequeno estudio onde producían a bandas de rock alternativo e hardcore. No tempo libre, entre as gravacións, traballaban nos seus propios temas na banda Spooner (con Butch na batería e Duke na guitarra). Marker estudaba na University of Wiscousin, onde coñeceu a Butch e converteuse en fan de Spooner. Máis tarde, el tamén se converteu en produtor musical.

Despois da separación de Spooner, Duke, Butch e Marker convertéronse en coñecidos produtores, principalmente Butch, un dos máis prestixiosos da década dos 90. En 1993, os tres atopáranse algunhas veces, traballando en remixes para U2, Nine Inch Nails e Depeche Mode. Xurdiu de aí a idea de gravar algunhas cancións propias, e entón eles pasaron a gravar algúns efectos e ideas para temas. Un amigo de Butch, ao escoitar as demos do proxecto, dixo que aquela música parecía lixo, e así xurdiu o nome da futura banda: Garbage.

Pero Garbage só tomaría forma despois da entrada de Shirley Manson en 1995.

Shirley MansonEditar

Shirley era filla dunha cantante e dende pequena xa amosaba talento. Con só 16 anos entrou na banda do seu namorado, que se chamaba Goodbye Mr. Mackenzie, tocando os teclados e facendo segundas voces. Dez anos depois, coa disolución de Goodbye Mr. Mackenzie (que nunca tivo moito éxito), Shirley converteuse na vocalista da banda Angelfish. Nesa época, os outros integrantes de Garbage xa estaban traballando no proxeto e estaban buscando unha vocalista. Eles coñeceron a Shirley polo videoclip da canción "Suffocate Me" de Angelfish durante o programa 120 Minutes da MTV estadounidense.

Butch Vig convidou a Shirley para un ensaio por teléfono. Ela non estaba segura pero cando Angelfish estaba de xira por Estados Unidos, Shirley pasou por Wisconsin e ensaiou con Garbage.

Así, despois de moitos ensaios e de moitas letras reescritas por Shirley, o repertorio do primeiro disco estaba listo, aínda que tardou en ser lanzado. Primeiro a banda lanzou algúns sinxelos en edicións limitadas. O primeiro deles foi Vow que viña nunha caixiña de metal.

A banda comezou a destacar nos medios. Inicialmente Butch Vig era quen gañaba máis atención (polo seu traballo como produtor), pero despois o carisma de Shirley Manson impúxose e ela converteuse na figura central da banda.

O primeiro discoEditar

O álbum de estrea, titulado Garbage foi finalmente lanzado a finais de 1995. O son da banda era unha mestura de rock e elementos de música electrónica. O disco foi aclamado pola crítica e os sinxelos Only Happy When It Rains e Stupid Girl foron conquistando ao público, chegando o disco a vender 3 millóns de copias. Despois dunha exitosa xira de dous anos, Garbage tomou un respiro, para despois iniciar as gravacións do seu segundo álbum.

Version 2.0Editar

O segundo álbum foi lanzado en 1998. Titulado Version 2.0, o disco ten os éxitos "Push It", "I Think I'm Paranoid" e "Special" e definitivamente fai de Garbage unha das principais bandas da atualidade.

En 1999, despois de participar da banda sonora da película 007 The World is Not Enough, Garbage planexaba lanzar un recopilatorio de caras-b e rarezas. Pero, unha vez no estudio, xurdiron novas ideas e a banda decidiu gravar o seu terceiro álbum.

BeautifulGarbageEditar

BeautifulGarbage foi lanzado en setembro de 2001, e o primeiro sinxelo lanzado para o novo disco foi "Androgyny".

BeautifulGarbage non tivo unha boa repercusión. As vendas foron baixas, sen ningún grande hit e os críticos dividíronse con respecto ao álbum. Esa situación levou á banda a unha crise, e o futuro de Garbage parecía incerto.

En 2004 a banda iniciou a gravación dun novo álbum, desa vez procurando unha sonoridade que imitase o son da banda en vivo. Pero o proceso foi problemático, Shirley vivía un momento persoal difícil ao estar pasando por un divorcio. A tensión entre os integrantes sobre a dirección do novo disco levou a Butch Vig a abandonar as gravacións e Garbage chegou a disolverse nese período. Porén a banda reuniuse novamente, retomando a gravación do novo álbum. Bleed Like Me foi lanzado en abril de 2005, sendo a primeira vez na que Garbage contou cun produtor no estudio, John King. O disco retomaba o vigor e o entusiasmo dos primeiros álbums da banda, cunha sonoridade máis roqueira, con guitarras en primeiro plano e a electrónica ocupando un papel secundario.

A finais de 2005 xurdiron rumores sobre unha posible ruptura da banda. En setembro, desmentiuse esa ruptura na súa páxina oficial pero anunciouse que a banda entraba nun suspenso indefinido.

Manson confirmou en marzo do 2006 que comezara a traballar nun álbum en solitario.

Discografía Editar

Álbumes de estudio Editar

Recopilatorios Editar

Garbage
Butch Vig | Shirley Manson | Duke Erikson | Steve Marker
Discografía
Álbumes: Garbage | Version 2.0 | beautifulgarbage | Bleed Like Me
Recopilatorios: Special Collection | Absolute Garbage

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou