Rock Music
Advertisement
Garage rock
Orixes do estilo: Early Rock'n'roll, Rockabilly, R&B, Soul music, British Invasion, Blues, Surf Rock, Frat rock, Instrumental rock, folk rock
Orixes culturais: finais dos 50 nos Estados Unidos e principios do 60 en Canadá
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, batería, teclados, pandeireta-harmónica
Popularidade: mediados dos 60 en Estados Unidos e Canadá
Subxéneros
acid punk - garage punk
Xéneros fusión

O garage rock é unha variante cruda do rock and roll que se fixo popular primeiramente nos Estados Unidos e Canadá entre os anos 1963 e 1967. Durante os anos 60 non foi recoñecido como un xénero distinto e non tivo un nome específico. A principios dos 70 algúns críticos de rock catalogárono coma punk rock, sen embargo, este estilo de música foi posteriormente denominado como garage rock ou '60s Punk para evitar a confusión coa música de finais dos 70 de bandas de punk rock coma os Sex Pistols e The Clash.

Historia[]

O estilo estivo caracterizado polo baixo custe de produción das súas gravacións, moitas veces feitas por adolescentes nos garaxes das súas casas, aínda que estes eran máis ben un lugar de ensaio que de gravación. A gravación de 1958 de "Jenny Lee" por Jan and Arnie, é moitas veces citada como o primeiro hit de "garage rock", aínda que marcar un punto de inicio do xénero é complicado.

O estilo foi surxindo das distintas esceas rexionais a finais dos anos 50, e ao redor de 1963 algunhas bandas deste estilo comezaron a acadar as listas nacionais. Entre estas bandas podemos incluir a The Kingsmen (Portland), Paul Revere and the Raiders (Boise/Portland), The Trashmen (Minneapolis) e The Rivieras (South Bend, Indiana). Outras influíntes bandas coma The Sonics nunca acadaron a Billboard 100.

Nos seus primeiros tempos as bandas estiveron moi influenciadas polo surf rock e houbo unha polinización cruzada entre o garage rock e o frat rock, a pesares que este último é considerado pola maioría un subxénero do garage rock.

A "British Invasion" de 1964-1966 influenciou de xeito significativo ás bandas de garage, proporcionándolles unha maior audiencia e levando a moitas (a miudo grupos de surf ou hot rod) a adoptar unha cadencia British Invasion. A Invasion tamén inspirou a bandas novas que se formaron.

20px Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun xénero musical é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de álbumes en progreso aquí.
Advertisement