Rock Music
Advertisement
Fender Telecaster
200px
Fabricante: Fender
Período: 1949 - actualidade
Tipo de corpo: sólido
Unión (corpo-mastil): parafusado
Corpo:
Duración:
Selo discográfico:
Producido por:


A Fender Telecaster é unha guitarra eléctrica de corpo macizo e dúas pastillas sinxelas fabricada por Fender. A Fender Telecaster é a guitarra eléctrica maciza que máis tempo leva fabricándose. O seu sinxelo e brillante deseño ten tanta aceptación na actualidade como cando se presentou ao público en 1951.

En realidade, a Telecaster era a mesma guitarra que Leo Fender presentara un ano antes co nome de Broadcaster, pero tivo que cambiarlle o nome porque Gretsch tíñao rexistrado con anterioridade, pero o novo nome de Telecaster encantou a Leo Fender e aos seus colaboradores do pequeno taller de Fullerton, California, porque a asociación verbal cun medio en pleno auxe, como era entón a televisión, dáballe unhas connotacións de modernidade moi axeitadas para un instrumento igualmente innovador, a primeira guitarra eléctrica de corpo macizo que saía ao mercado.

A Telecaster caracterízase polo seu son brillante e incisivo e pola súa facilidade de manexo. Por estar razóns é usada por músicos de todos os estilos. Sen embargo, foron os músicos country os que máis apreciaron os seus servizos, en especial a súa capacidade para emular, se se sabe tocala, os sons dunha steel guitar.

O segredo do son da Telecaster reside na ponte. As cordas atravesan o corpo e suxeitanse ao dorso mediante seis virolas, o cal aumenta a solidez e o mantemento do son. A ponte leva incorporada unha pastilla en posición oblicua, que realza os tons agudos da guitarra.

Orixes[]

A Fender Telecaster desenvolveuna Leo Fender en Fullerton, California nos anos 40. Antes da súa creación, a guitarra eléctrica de corpo sólido fora desenvolvida independentemente por diversos artesáns e compañías, no período que vai de 1932 ata 1949, pero ningunha desas guitarras tivera un impacto significante no mercado. A Telecaster de Leo Fender foi o deseño que finalmente fixo entrar á guitarra de corpo sólido en escea.

Fender tiña unha tenda de reparacións de electrónica chamada Fender's Radio Service, onde primeiro reparaba, e posteriormente deseñaba amplificadores e pastillas electromagnéticas para músicos, principalmente de guitarras eléctricas semi-acústicas, guitarras hawaianas eléctricas (lap steel) guitarras e mandolinas. Os músicos levaban "enchufando" os seus instrumentos procurando maior volume e proxección dende finais dos anos 20, e había dispoñibles modelos eleéctricos semi-acústicos (como a Gibson ES-150) dende facía tempo. O tono nunca fora, ata entón, unha das prioridades dos guitarristas para elexir unha guitarra eléctrica, pero en 1943, cando Fender e o seu compañeiro Doc Kauffman construíron unha guitarra sólida de madeira como proba para as pastillas, o instrumentistas locais de country comezaron a pedila prestada para os seus concertos. A guitarra soaba brillante e cun ton sostido. A Fender entroulle a curiosidade, e en 1949 construiu un prototipo mellor.

O prototipo artesanal, unha anómala guitarra branca, tiña moitas das características que se convertirían na Telecaster. Foi deseñada co mesmo espíritu que as guitarras hawaianas de corpo sólido fabricadas por Rickenbacker, pero feitas con madeira.

A primeiro modelo que se produxo apareceu en 1950, e foi chamado Esquire. Menos de cincuenta guitarras se fabricaron con ese nome, e a maioría foron substituídas debido a problemas de fabricación. En particular, os mástiles da Esquire non tiñan alma e moitas foron reemprazadas debido a que estes se doblaron. Máis tarde nese mesmo ano, o modelo de pastilla sinxela deixou de fabricarse, e un de dúas pastillas foi renomeado coma Broadcaster. A partires dese momento, todos os mástiles de Fender incorporarían alma. A compañía Gretsch, que fabricaba guitarras de corpo oco (e agora propiedade de Fender), reivindicou que "Broadcaster" violaba a marca rexistrada da súa liña de baterías Broadkaster, e como era un recén chegado á industria Fender decidiu ceder e cambiar o nome a Telecaster, debido ao novo medio da televisión. A Esquire foi reintroducida coma unha Telecaster dunha soa pastilla, a un prezo máis baixo.

En 1951 Fender lanzou o Precision Bass que foi o compañeiro da Telecaster. Posteriormente venderíase coma Fender Telecaster Bass cando a liña P-Bass foi mellorada para asemellarse máis á Stratocaster.

Construcción[]

O deseño sinxelo e modular de Leo Fender estaba orientado á produción en masa, e facía máis doado a substitución das guitarras defectuosas. As guitarras non eran construídas individualmente, coma os luthiers tradicionais. Máis ben, os compoñentes eran producidos en grandes cantidades dun xeito rápido e económico, e ensamblados na guitarra nunha liña de ensamblaxe. Os corpos cortábanse cunha serra de cinta e dábaselle forma con máquinas, en vez de ser talladas a man, como sucedía con outras guitarras da época como as Gibson. Fender non usaba o tradicional colado do mastil no corpo, usando parafusos para este labor. Isto non só fixo a producción máis doada, permitiu tamén que o mastil se retirase con máis facilidade no caso de que houbese que quitalo e reemprazalo enteiro. Ademais, o mastil da Telecaster clásica estaba feita nunha soa peza de madeira de arce sen diapasón independente, e os trastes eran presionados directamente na superficie de arce, sendo este un feito pouco común na época (xa que tradicionalmente as guitarras levaban un cdiapasón de palisandro ou ébano pegado a un mastil de caoba).

Variantes[]

Telecaster Thinline[]

Unha versión semi-oca apareceu en 1968/69, deseñeda polo luthier alemán Roger Rossmeisl. Hoxe en día están dispoñibles dúas versións da Thinline, a '69 version ten dúas pastillas estándar da Telecaster e un corpo de caoba, mentres que a '72 version, baseada na Fender Telecaster Deluxe, ten dúas pastillas Fender Wide Range.

Telecaster Deluxe[]

Telecaster Custom[]

Telecaster Plus[]

Tele Jr.[]

Advertisement