Fandom

Rock Music

Fender

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Fender Logo.jpg

Logotipo de Fender

A Fender Musical Instruments Corporation, baseada en Scottsdale, Arizona, Estados Unidos, é o primeiro fabricante mundial de instrumentos de corda, e en Estados Unidos é o principal fabricante de guitarras electricas de corpo sólido, con deseños que inclúen as famosas Stratocaster e Telecaster. Fender tamén se considera a inventora dos baixos eléctricos de corpo sólido, que agora son fundamentais no rock, jazz, country, funk, e moitos outros tipos de música popular.

A compañía fabrica instrumentos como guitarras acústicas, baixos eléctricos, mandolinas, banjos e violíns, así como amplificadores de guitarra e baixo e equipos de directo. Tamén fabrican pianos eléctricos, os famosos Fender Rhodes. Outras marcas de Fender son: Guild (guitarras acústicas e eléctricas), Rodriguez (guitarras clásicas), Benedetto (guitarras de jazz), SWR (amplificación de baixos) e Squier (modelos económicos).

A empresa é privada, coa maioría das súas accións controladas polos seus propios xerentes e donos. O Presidente da Xunta Directiva e Xefe Executivo é William (Bill) Mendello, o seu Presidente e XDirector é Matthew Janopaul, e o Director financieiro é Richard Kerley.

A sede da compañía atópase en Scottsdale, Arizona e ten fábricas en Corona, California e Ensenada, Baja California (México).

A compañía, inicialmente chamada Fender Electric Instrument Manufacturing Company, fundouna en Fullerton, California Clarence Leonidas Fender en 1946. Fender ofreceu a primeira guitarra eléctrica de corpo sólido producida en masa, a Telecaster; o primeiro baixo eléctrico tamén producido en masa, Precision Bass (P-Bass); é a popular guitarra Stratocaster (Strat).

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou