Rock Music
Register
Advertisement
Fantômas
Fantomas
{{{caption}}}
Orixe California
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1998 - actualidade
Xénero(s) Avant-garde metal
Selo(s) discográfico(s) Ipecac Recordings
Membros Mike Patton
Buzz Osborne
Trevor Dunn
Dave Lombardo
Antigos membros Terry Bozzio
Web oficial

Fantômas é unha banda de metal experimental formada en 1998 en California. O nome é tirado dunha personaxe de novelas moi populares en Francia durante a Primeira Guerra Mundial.

Historia[]

A banda formouse cando o vocalista Mike Patton compuxo un feixe de temas despois do fin da súa anterior banda, Faith No More. Patton entón enviou as composicións orixinais ao seu amigos agardando formar un grupo. Eses amigos eran o guitarrista Buzz Osborne (de The Melvins), o baixista Trevor Dunn (de Mr. Bungle, a banda que Patton formou na universidade) e o baterista Igor Cavalera (de Sepultura). Cavalera declinou o ofrecimento, pero recomendou a Dave Lombardo de Slayer. Lombardo acceptou e Patton formou o seu propio supergrupo.

No verán do 2005 a banda estivo de xira por Europa con Terry Bozzio na betaría, porque Lombardo estaba de xira con Slayer. Lombardo voltou á banda para as últimas datas da xira, que rematou o 15 de setembro do 2005, sen embargo, hai rumores de que Bozzio será o encargado da batería nun futuro álbum de Fantômas.

O 13 de maio do 2006, Patton revelou á Billboard.com que un quinto álbum de Fantômas estaba en proxecto.

Estilo[]

A pesares de que as súas raíces están no heavy metal, a súa música toca realmente moitos máis xéneros, e caracterízase polo seu sentido do humor. Patton rara vez canta letras convencionais coa banda, preferindo o seu propio estilo bizarro de cantar.

As cancións de Fantômas son a cotío discordantes e sen melodía, usando moito acoples e ruído, e podería ser doadamente descrita como ruído experimental. Sen embargo non é unha banda pura de noise xa que ten ritmos e melodías concretas en moitos dos seus temas.

Discografía[]

Advertisement