Rock Music
Register
Advertisement
Faith No More Logo
Faith No More
{{{caption}}}
Orixe San Francisco, California
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1982 - 1998
2009 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, metal alternativo, rock experimental, funk metal
Selo(s) discográfico(s) Warner Music, Mordam, Slash, London, Reprise
Membros Roddy Bottum
Billy Gould
Mike Bordin
Mike Patton
Jon Hudson
Antigos membros Chuck Mosely
"Big" Jim Martin
Dean Menta
Trey Spruance
Mark Bowen
Courtney Love
Wade Worthington
Web oficial http://www.fnm.com/

Faith No More é unha influínte banda estadounidense de rock experimental formada en San Francisco, California en 1982 e desaparecida en 1998. O 24 de febreiro do 2009 anunciaron que voltarían a xuntarse para unha xira europea cunha formación idéntica á do tempo da súa disolución.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Faith No Man[]

A traxectoria de Faith No More comezou moito antes da formación da banda. No ano 1981, os amigos Mike Bordin e Billy Gould xa tocaban xuntos e formaban parte da banda Faith No Man, o embrión do que sería Faith No More. Bordin tocaba a batería, Billy era o baixista e completaban a formación Wade Worthington nos teclados e Mike "The Man" Morris na guitarra e na voz.

A sonoridade da banda era un híbrido entre The Cure e Sex Pistols, evidente nas composicións e na postura e voz de Mike "The Man", o líder da banda. Despois dalgúns meses, o teclista Worthington saíu da banda por desentendimentos. O escollido para substituílo foi Roddy Bottum, colega de cuarto de Billy. Desentendimentos resultantes da postura dictatorial do vocalista despertaron en Billy, Bordin e Roddy a idea de que a banda funcionaba mellor cando estaban sen o vocalista.

Coa intención de botar ao vocalista, os tres integrantes decidiron saír da banda, para imediatamente montar un novo conxunto sen o vocalista. O nome da banda sería Faith No More, utilizando un xogo de palabras, xa que o vocalista Mike "The Man", non tocaría "No More" (nunca máis) con eles.

Busca dunha formación estable[]

Os primeiros tempos da banda como Faith No More foron bastante erráticos. Un número enorme de guitarristas e vocalistas pasaron polo grupo antes de atopar a súa primeira formación estable. Entre os guitarristas que pasaron pola banda están: Mike Morris, Jake Crucifix, Mark Stewart, Desmond Trial, Scott Colbertson e Mark Bowen; e como vocalistas pasaron: Joe 'Pop-o-Pie' Pye, Walter, Paula Frazer, Mike Morris e Courtney Love.

A formación de Faith No More só gañou algunha estabilidade coa entrada do guitarrista Jim Martin e do vocalista Chuck Mosely en 1984. Con esa formación, en 1985 a banda gravou o seu primeiro disco, We Care A Lot, pola discográfica independente Mordam. Co disco a banda conseguíu un contrato coa discográfica Slash (subsidiaria da Polygram), e a consecuente posibilidade de alcanzar un público maior, que víu dous anos despois co álbum Introduce Yourself.

En Introduce Yourself, editado no ano 1987, Faith No More comezaba a amosar o son que posteriormente os faría diferentes, sendo un traballo consistente e equilibrado, con elementos tan dispares como o heavy metal, o rock progresivo, e hip hop e o funk.

Discografía[]

Álbumes de estudio[]

Ligazósn externas[]

Categoría:Bandas de San Francisco Categoría:Bandas de rock experimental Categoría:Bandas de funk metal

Advertisement