Fandom

Rock Music

Editors

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Editors Logo.jpg
Editors.jpg
{{{caption}}}
Orixe Birmingham
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde).png
Período 2002 - actualidade
Xénero(s) indie rock, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s) Kitchenware, Epic, Play It Again Sam
Membros Tom Smith
Chris Urbanowicz
Russell Leetch
Edward Lay
Antigos membros
Web oficial http://www.editorsofficial.com/


Editors é unha banda inglesa de indie rock procedente de Birmingham, que se formou no ano 2002. O grupo está formado por Tom Smith (voz, guitarra rítmica e piano), Chris Urbanowicz (guitarra solista e sintetizadores), Russell Leetch (baixo e coros) e Ed Lay (batería, percusión e coros). O seu son é comparado co de bandas coma Echo and the Bunnymen, Joy Division, Interpol, Kitchens of Distinction e U2.

Importante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia Editar

Os membros coñecéronse cando estudaban Tecnoloxía Musical na Staffordshire University. Déronse conta de que non era unha carreira para eles e decidiron formar unha banda, tocando nas vilas de Wolverhampton, Birmingham e Stafford. Despois da súa graduación, moveríanse a Birmingham.

A banda era inicialmente coñecida coma Pilot, e realizaron o seu primeiro concerto baixo este nome no ano 2002. Sen embargo, déronse conta de que o nome estaba xa tomado por unha banda escocesa dos anos 70, polo que cambiárono a The Pride.

Fixeron unha promo con ese nome cos temas "Come Share The View" e "Forest Fire" e subíronas a internet, permitindo escoitar as cancións en Onemusic Unsigned da BBC Radio 1. Entón a banda as sacou da rede coa intención de crear un grao misterio e ansiedade e asegurar que máis xente fose a velos actuar.

Entón cambiaron a súa formación con Ed Lay reemprazando a Geraint Owen na batería cando este comezou a centrarse na súa banda galesa The Heights. Con esta composición se fixeron coñecidos coma Snowfield. Fixeron o seu concerto de debut con este nome a petición da Fused Magazine en marzo do 2003. No verán a banda auto-editou un EP demo de sis temas, que nun futuro se convertirían en temas de Editors. Despois da súa graduación, no outono do 2003, a banda trasladouse á cidade de Birmingham.

Durante o seguinte ano, os distintos membros da banda realizaron distintos traballos compaxinando o seu tempo co grupo. Despois de continuos concertos polas Midlands, e non pasou moito tempo ata que o boca a boca os fixo nunha banda polular aínda sen relación con ningún selo. A banda entón enviou un CD co tema "Bullets", conseguindo así o interese de varios selos británicos, polo que uns trinta representantes destes foron a velos tocar a Birmingham. En outubro do 2004 o grupo asinou co selo indie de Newcastle Kitchenware Records, e despois diso cambiaron o seu nome para o de Editors.

Despois de telonear a bandas coma Puressence e Oceansize, Editors editou o seu sinxelo de debut "Bullets" como unha edición limitada de 1.000 copias através da Kitchenware Records o 24 de xaneiro do 2005. O tema fora previamente pinchado polo disc jockey da BBC Radio 1 Zane Lowe, onde fora elexido "sinxelo da semana". A tirada limitada vendeuse completamente o mesmo día do seu lanzamento, vendéndose esa mesma semana copias en eBay a máis de 30 libras.

En abril dese mesmo ano seguíulle a edición de "Munich", e a banda conseguiu o seu primeiro top 25. Realizaron outra xira polo Reino Unido e apareceron no programa da MTV Spanking New Music en Manchester. Nese momento, debido ao incremento de popularidade da banda, Editors e Kitchenware asinaron un contrato de distribución exclusiva con with Sony BMG. "Blood" foi editado dous meses despois, acadando o número 18 na lista de sinxelos británica na súa primeira semana, vendendo 5.286 copias. Con esa edición a súa base de seareiros continuou medrando e o 25 de xullo do 2005 o seu álbum de debut The Back Room foi lanzado con boas críticas e vendas. Na súa primeira semana o álbum entrou nas listas no número 13, vendendo 17.627 copias. Despois de re-lanzar "Bullets" e converterse noutro hit Top 30 hit, Editors aumentaron o seu estátus, apoiando a Franz Ferdinand en grandes escenarios polo Reino Unido e Europa.

Discografía Editar

Ligazóns externas Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou