Rock Music
Register
Advertisement
Eddie Vedder
Eddie Vedder
{{{caption}}}
Nome completo Edward Louis Seversen III
Nacido o 23 de decembro de 1964
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Evanston, Illinois. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Pearl Jam

Eddie Vedder (nacido como Edward Louis Seversen III o 23 de decembro de 1964) é o cantante, letrista e un dos tres guitarristas da banda de grunge Pearl Jam.

Biografía[]

Vedder naceu no suburbio de Chicago de Evanston, no estado de Illinois, fillo de Karen Lee Vedder e Edward Louis Severson, Jr. Os seus pais divorciáronse en 1965, cando Eddie tiña un ano. A súa nai casou pouco despois novamente cun home chamado Peter Mueller, e Eddie medrou crendo que o seu pai biolóxico era Mueller.

A mediados dos 70, a familia, incluíndo os tres irmanastros de Vedder, mudouse cara o condado de San Diego, en California. Nese momento foi no que Eddie, que recibira unha guitarra da súa nai polo seu 12 aniversario, comezou a desfrutar coa música. Súa nai e Mueller divorciáronse nos últimos anos da adolescencia de Eddie. Ela e os seus irmáns regresaron á zona de Chicago, pero Eddie quedou co seu padrastro en California porque non quería cambiar de instituto.

Non foi ata despois do divorcio que Eddie soubo a verdade sobre o seu pai. Eddie coñecera ao seu pai biolóxico sendo neno, pero pensaba que Severson era un vello amigo dos seus pais. Nese tempo Eddie soubo a verdade, e enterouse de que Severson morrera de esclerose múltiple. A relación xa mala co seu padrastro fíxise entón máis difícil. Finalmente deixou o instituto de San Dieguito e uníuse á súa familia en Chicago. Tamén cambiou o seu nome para o de Eddie Vedder, usando así o apelido de solteira da súa nai.

Primeiras bandas[]

Vedder estivo en varias bandas na area de San Diego. Nunha estaba o futuro baterista de Rage Against the Machine e Audioslave Brad Wilk e outra delas era unha banda de versións dos Red Hot Chili Peppers. En 1988, converteuse no vocalista da banda de funk-rock progresivo de San Diego Bad Radio. Durante ese tempo con Bad Radio foi cando escribiu a canción "Better Man", que fala da relación entre a súa nai e o seu padrastro. O tema convertiríase posteriormente nun éxito de Pearl Jam.

Despois de deixar Bad Radio en 1990, o amigo de Vedder e antigo baterista de Red Hot Chili Peppers Jack Irons, entregoulle unha demo dunha banda de Seattle que estaba buscando un vocalista. Vedder gravou voces en tres dos temas, que posteriormente se convertirían en "Alive", "Once" e "Footsteps".

Pearl Jam
Jeff Ament | Stone Gossard | Mike McCready | Eddie Vedder | Matt Cameron
Boom Gaspar - Dave Krusen - Matt Chamberlain - Dave Abbruzzese - Jack Irons
Discografía
Álbumes: Ten - Vs. - Vitalogy - No Code - Yield - Binaural - Riot Act - Pearl Jam
Directos e recopilatorios: Live on Two Legs - Lost Dogs - Live at Benaroya Hall - Rearviewmirror: Greatest Hits 1991-2003 - Live in NYC 12/31/92 - Live at Easy Street

Vedder, Eddie

Advertisement