Fandom

Rock Music

Daron Malakian

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Daron Malakian
Daron Malakian.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Daron Vartan Malakian
Nacido o 18 de xullo de 1975
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Hollywood, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s) guitarra, voz
Bandas System of a Down
Scars on Broadway

Daron Vartan Malakian (nacido o 18 de xullo de 1975 en Hollywood, California) é o guitarrista da banda System of a Down. Malakian escribiu moita da música da banda, e, máis recentemente, tomou parte no traballo vocal do grupo. Coma o resto dos membros da banda, a súa familia procede de Armenia e é o único deles que realmente naceu dentro dos Estados Unidos. Na actualidade é o vocalista e guitarrista da banda Scars on Broadway.

Biografía Editar

Primeiros anos Editar

Daron naceu o 18 de xullo de 1975 en Hollywood, California, como fillo único de Vartan e Zepur Malakian. Dende moi novo comezou a escoitar música heavy metal; un curmán lonxano púxolle un disco de KISS cando tiña só catro anos e quedou prendido. Daron entón comezou a escoitar a Van Halen, Iron Maiden, Judas Priest, Motörhead e Ozzy Osbourne entre outros.

El sempre quixo tocar a batería, pero sen embargo os seus pais mercaronlle unha guitarra porque "Non podes apagar a batería". Cando era adolescente comezou a escoitar bandas máis duras de metal como Slayer, Venom, Metallica, Pantera, Sepultura e Cannibal Corpse, e ao redor dos 17 anos os Beatles empezarían a converterse nunha das súas principais influencias como compositor.

Daron foi á escola armenia Rose & Alex Pilibos en Little Armenia, Hollywood, a onde tamén ian os seus compañeiros de banda Serj Tankian e Shavo Odadjian. Daron é aínda un grande fan de Slayer, ao igual que Shavo Odadjian que soe levar camisolas da banda aos concertos. Na súa infancia el tamén fíxose seguidor do equipo de hoquei LA Kings.

System of a Down Editar

Daron coñeceu a Serj Tankian en 1993, mentres ambolosous compartían o mesmo local de ensaio con diferentes bandas. Serj nesa época tocaba os teclados nunha banda, e Daron era o vocalista doutra. Xuntos formaron un grupo chamado Soil e coñeceron a Shavo Odadjian. Soil posteriormente desaparecería e Tankian e Malakian formarían un novo conxunto, "System of a Down", nome baseado nun poema que Daron escribira. O seu título era "Victims of a Down", pero Serj Tankian pensou que a palabra System era máis atractivo que "Victims", e ambos querían que os seus álbumes se vendesen preto dos de Slayer. Shavo Odadjian uniríase como baixista e recrutarían a Andy Khachaturian para a batería, que posteriormente sería reemprazado polo seu actual baterista, John Dolmayan, debido a unha lesión na man.

Malakian co-produxo os álbumes de System of a Down con Rick Rubin, así como os de The Ambulance and Bad Acid Trip (unha banda do selo Serjical Strike Records, do seu compañeiro Serj Tankian). Recentemente creou o seu propio selo, EatUrMusic, no cal a súa primeira banda foi Amen. Malakian tamén está envolto nun proxecto chamado Scars on Broadway, co vocalista de Amen Casey Chaos e con Zach Hill de Hella and Team Sleep. No 2003 Daron Malakian tocou con varios famosos no Celebrity Baseball Game en Hollywood. El escribiu un tema sobre esa experiencia chamado "Old School Hollywood", que aparece no álbum de System of a Down Mezmerize.

Ligazóns externas Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou