Rock Music
Register
Advertisement
Danny Lohner
Danny Lohner
{{{caption}}}
Nome completo Daniel Patrick Lohner
Nacido o 3 de decembro de 1970
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Corpus Christi, Texas. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) baixo, guitarra, teclados
Bandas Nine Inch Nails, Tapeworm, Killing Joke, Methods of Mayhem, Skrew, Angkor Wat

Daniel Patrick Lohner (nacido o 3 de decembro de 1970 en Corpus Christi, Texas), é un músico que toca o baixo, a guitarra e os teclados. Traballou con Trent Reznor en numerosas ocasións, tanto na banda Nine Inch Nails coma no desaparecido proxecto Tapeworm. Tamén tocou en Killing Joke, Methods of Mayhem e foi un dos membros fundadores da xa disolta banda de industrial-trash Skrew, así como da banda texana de thrash metal Angkor Wat.

Tamén tocou no álbum de Marilyn Manson Antichrist Superstar, así como en moitos álbumes de Nine Inch Nails debido á relación de Trent Reznor con Manson, actuando como o seu mentor no mundo da música. Lohner pode ser escoitado tocando a guitarra acústica no tema "The Reflecting God" e a guitarra solista en "Angel With the Scabbed Wings".

Tamén fixo remesturas para distintos artistas vaixo o seudónimo Renholdër ("re:d.lohner" ao revés), como a canción do mesmo nome da banda A Perfect Circle, que aparece no seu álbum de debut Mer de Noms. El apareceu en todos os discos de A Perfect Circle ata a data dunha forma ou doutra, e sempre tocou en directo con eles.

Estivo tamén involucrado na banda do seu antigo compañeiro Billy Howerdel Ashes Divide como co-produtor do seu álbum Keep Telling Myself It's Alright, e tamén traballou produción e programación do tema de Angels & Airwaves "Distraction" do seu álbum We Don't Need to Whisper.

A Perfect Circle
Maynard James Keenan | Josh Freese | Jeordie White | James Iha
Danny Lohner | Paz Lenchantin | Troy Van Leeuwen | Tim Alexander
Discografía
Álbumes: Mer de Noms | Thirteenth Step | eMOTIVe
Recopilatorios: aMOTION

Categoría:A Perfect Circle

Advertisement