Fandom

Rock Music

Damon Albarn

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Damon Albarn
Damon Albarn.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Damon Albarn
Nacido o 23 de marzo de 1968
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Leytonstone, Londres. Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde).png
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Blur
Gorillaz
The Good, the Bad and the Queen

Damon Albarn (nado o 23 de marzo de 1968 en Leytonstone, Londres) é un cantante e compositor inglés coñecido por ser o vocalista da banda de britpop Blur.

Participou das bandas Circus, Real Lives e The Aftermath. É o actual vocalista de Blur e o principal responsable da banda Gorillaz, un dos seus proxectos paralelos máis coñecidos, xunto con The Good, the Bad and the Queen.

BiografíaEditar

Primeiros anosEditar

Albarn pasou a súa infancia en Leytonstone cos seus pais, Hazel e Keith, e a súa irmá Jessica. Durante uns meses a familia vivíu en Turquía e cando voltou a Inglaterra mudáronse a Colchester, Essex, debido ao traballo do seu pai, que era mestre. Albarn entón asistíu ao Stanway Comprehensive School. El coñeceu alí ao futuro guitarrista de Blur Graham Coxon e atopou que lle gustaban as mesmas bandas, como The Jam, The Kinks ou The Human League.

Despois de rematar a secundaria, Albarn mudouse para Londres para asistir á East 15 Acting School, perdendo o contacto con Coxon. Deixou a escola despois dun ano porque non era un bo actor (a pesares de que actuou na película Face en 1997) e comezou a compoñer e a tocar música. Algunhas das cancións que compuxo nese tempo convertéronse en temas de Blur, como "Birthday", do seu álbum de debut Leisure.

BlurEditar

En 1988 Albarn matriculouse na Goldsmiths College en New Cross, Londres. Alí voltou a atoparse con Coxon. Despois de gravar unha serie de demos xuntos, os dous formaron Circus, e Coxon presentoulle a Albarn a Alex James. Coa entrada posteriormente de Dave Rowntree, a banda comezou a tocar como Seymour. Máis adiante abanda asinaría coa Food Records e cambiaría o seu nome a Blur.

Albarn e Blur gañaron éxito comercial e da crítica co seu disco Parklife en 1994, e Albarn converteuse nun dos líderes do movemento britpop. Ese éxito foi compartido coa banda Oasis coa que tiñan unha grande rivalidade, alimentada polos medios de comunicación.

Á altura do ano 2006 Blur leva editados sete álbumes, cinco dos cales chegaron ao número 1 no Reino Unido. Albarn escribía a maioría das letras das cancións editadas pola banda dende a súa formación. El dixo publicamente que agarda o regreso de Graham Coxon, que deixou a banda poco antes de editar Think Tank, para producir máis material; sen embargo, Coxon rexeitou voltar, e Albarn anunciou en setembro 2005 que el vai tocar a guitarra no seguinte traballo de Blur.

GorillazEditar

Albarn formou a banda virtual Gorillaz co creador de Tank Girl, Jamie Hewlett, en 1999. Cunha deliberadamente ambigua formación, o grupo leva editados dous álbumes ata a data. A súa música ten colaboracións de Danger Mouse, Simon Tong (que tamén tocou a guitarra con Blur en directos), Miho Hatori, Sweetie Irie, De La Soul, Bootie Brown, MF Doom, Redman, Tina Weymouth, Roots Manuva, Neneh Cherry, Rosie Wilson, Martina Topley-Bird, Dennis Hopper, Ike Turner e Del The Funkee Homosapien entre outros.

Gorillaz e Demon Days (os dous discos da banda) funcionaron moi ben tanto en Estados Unidos como no Reino Unido, así como os seus sinxelos, "Clint Eastwood", "Feel Good Inc.", "19-2000", "DARE", "Dirty Harry" e "Kids With Guns / El Mañana".

Carreira en solitario Editar

Albarn editou Mali Music no 2002. Como o nome suxire, as sesión de gravación de álbum realizáronse en Mali, nunha viaxe en apoio á organización Oxfam no ano 2000. El tamén visitou Nixeria para gravar co percusionista africano Tony Allen. Albarn dixo que lle gustaría producir un álbum de Blur en Bagdad porque lle guta o estilo de música iraquí.

Tamén editou Democrazy no 2003, unha colección de demos que gravou mentres estaba en hoteis durante a xira estadounidense de Think Tank.

Blur
Damon Albarn | Alex James | Dave Rowntree
Graham Coxon
Discografía
Álbumes: Leisure | Modern Life Is Rubbish | Parklife | The Great Escape | Blur | 13 | Think Tank

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou