Rock Music
Register
Advertisement
250px
Cosecha Roja
{{{caption}}}
Orixe Ourense
País Galiza Bandeira Galiza
Período 1988 - 2002
Xénero(s) pop rock
Selo(s) discográfico(s)
Membros Antonio Rodríguez
Javier Doforno
Carlos Rego
Aser Álvarez
Fernando Risco
Antigos membros
Web oficial


Cosecha Roja foi unha banda galega de pop-rock formada en Ourense en decembro de 1988. Desfíxose a principios do ano 2002, formando os seus compoñentes a banda Burgas Beat.

Historia[]

Cosecha Roja formouse en decembro do ano 1988, despois de que os seus membros pasasen por outras bandas de Ourense. Antonio Rodríguez "Amadís" (baixo) e Javier Doforno "Dofo" (guitarra) proviñan da banda Última Fila, que pode considerarse o primeiro grupo de rock moderno de Ourense; ambolosdous estiveron na última etapa de Viernes y los Robinsones, onde Carlos Rego (guitarra e voz) tocaba a guitarra; e coa incorporación de Aser Álvarez (batería) procedente de Las Hierbas nacía Cosecha Roja.

Durante os primeiros meses o vocalista do grupo foi o líder de Viernes y los Robinsones, Labra, pero a súa maqueta, gravada no verán de 1989, xa contaba coa voz de Carlos Rego. Despois de gravar un segundo sinxelo en 1990 decidiron auto-financiarse un flexi-single con dous temas: "¿Qué esperas de mí?" e "No puedo volver". En setembro de 1991 gravaron xa de xeito profesional seis temas para o seu primeiro sinxelo, "Se acabó"/"No puede ser verdad".

A mediados de 1992 Aser Álvarez mudou de cidade e despois dun pequeno parón nas actividades da banda foi substituído por Fernando Risco, que tamén fora membro de Última Fila e Viernes y los Robinsones. A finais dese ano a banda gravou novos temas, que xunto cos do sinxelo formarían o seu primeiro álbum, Nuevos Caminos, editado en 1993 através do selo Gal & Cía.

A finais de 1993 gravaron seis cancións para un novo sinxelo, pero finalmente auto-edítánroas nunha casette en 1994 baixo o título Vacaciones Permanentes.

En 1994 o grupo sufriu un parón e Carlos Rego e Amadís formaron unha banda de versións xunto con Magín Blanco, líder do grupo La Rosa, co nome de Los Cachorros.

Co regreso de Aser a banda retomou as súas actividades, desta volta como un trío: Aser, Carlos e Amadís. Santi Campos, líder do grupo de Castellón Malconsejo e propietario do selo Maybe Tomorrow, ofreceulles editar un EP.

Aquellos maravillosos años foi editado a finais de 1996 ao que lle seguiría en 1998 o álbum Conducir despacio, editado através do selo independente Sonic Recordings. Pouco despois da gravación do disco Javier Doforno reincorporouse á banda.

Posteriormente gravarían A Plena Sombra, pero ningún selo se interesou polo traballo. Finalmente decidiron auto-editalo a mediados do ano 2000, pero non funcionou como agardaban. A principios do 2002 decidiron tomarse un novo descanso, pero desta vez sería definitivo.

Despois da disolución de Cosecha Roja, ese mesmo anos os seus catro integrantes xunto co teclista Francisco Vázquez formaron a banda Burgas Beat, cun formato máis acústico, a cal editou o seu primeiro disco, Ni una sombra en el horizonte, no ano 2005.

Discografía[]

  • Nuevos Caminos - 1993
  • Vacaciones permanentes - 1994 Casette
  • Aquellos maravillosos años - 1996 EP
  • Conducir despacio - 1997
  • A Plena Sombra - 2000

Ligazóns externas[]

Categoría:Bandas de pop rock

Advertisement