Rock Music
Register
Advertisement
Chris Cornell
Chris Cornell
{{{caption}}}
Nome completo Christopher Cornell
Nacido o 20 de xullo de 1964
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Seattle, Washington. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Soundgarden
Audioslave

Christopher Cornell (nacido o 20 de xullo de 1964) é un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por se o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Foi tamén o líder de Temple of the Dog, dende 1990 ata 1992. Comezou a súa carreira musical como baterista, antes de converterse en vocalista e guitarrista. Tamén é recoñecido o seu traballo en solitario, editando o seu primeiro álbum, Euphoria Morning, en 1999, e o segundo traballo en xuño do 2007, baixo o título Carry On.

Biografía[]

Infancia[]

Cornell naceu e vivíu a súa infancia en Seattle, Washington. Os seus pais, de relixión católica irlandesa, son Ed Boyle (farmacéutico) e Karen Cornell (contable). O apelido de Chris era Boyle, pero despois do divorcio dos seus pais, el e os seus irmáns adoptaron o apelido de solteira da súa nai. Chris sufríu dun caso severo de depresión durante a súa adolescencia, cando só en raras ocasións saía de casa. Chegou ao punto de non saír desta durante case un ano completo, no que se dedicou a tocar a batería e a guitarra.

Soundgarden[]

Xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam, Soundgarden converteuse nunha das maiores e máis exitosas bandas da emerxente escea grunge de Seattle. Cornell ficou coñecido pola potencia e rango da súa voz, e polas súas escuras letras a miúdo tratando temas de morte e existencialismo. Soundgarden alcanzou a popularidade en 1991 co seu álbum Badmotorfinger. Usando este éxito como trampolín seguíulle a edición do seu máis aclamado traballo, Superunknown, editado en 1994, con 7 millóns de copias vendidas en todo o mundo e co cal Soundgarden gañou dous premios Grammy. O seu derradeiro traballo, Down on the Upside, editouse no ano 1996, un ano antes da disolución da banda.

Euphoria Morning[]

Discografía en solitario[]

Soundgarden
Chris Cornell | Kim Thayil | Matt Cameron | Ben Shepherd
Scott Sundquist | Hiro Yamamoto | Jason Everman
Discografía
Álbumes: Ultramega OK | Louder than Love | Badmotorfinger | Superunknown | Down on the Upside
EPs: Screaming Life | Fopp | Loudest Love | Songs from the Superunknown
Recopilatorios: Screaming Life/Fopp | A-Sides
Audioslave
Chris Cornell | Tom Morello | Tim Commerford | Brad Wilk
Discografía
Audioslave | Out of Exile | Revelations
Advertisement