Rock Music
Register
Advertisement
Buzz Osborne
Buzz Osborne
{{{caption}}}
Nome completo Roger Osborne
Nacido o 1964
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Montesano, Washington. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas The Melvins
Fantômas
Venomous Concept

Buzz Osborne, tamén coñecido como King Buzzo, (o seu nome é Roger Osborne) é o guitarrista, vocalista e compositor da banda The Melvins. Tamén é fundador e guitarrista das bandas Fantômas e Venomous Concept e foi o baixista da primeira banda de Kurt Cobain Fecal Matter en 1986.

Biografía[]

A principios dos anos 80 Osborne fundou The Melvins con Matt Lukin e Mike Dillard, que procedían da Montesano high-school, onde se graduaron en 1982. Nos seus comezos The Melvins tocaban versións de The Who e de Jimi Hendrix e comezaron facendo un hardcore punk bastante rápido. Cando Dillard deixou a banda en 1984, Dale Crover uníuse a eles, e comezaron a ensaiar na casa dos pais de Crover en Aberdeen, Washington. Comezaron nesa época a tocar cancións máis lentas e pesadas, cando ninguén o facía nesa época.

En 1986 a banda editou o se EP Six Songs através da C/Z Records (posteriormente reeditado como 10 Songs e como 26 Songs) que foi gravado en directo o 8 de febreiro de 1986 en Ironwood. En decembro dese ano gravaron o seu primeiro álbum, Gluey Porch Treatments, no Studio D en Sausalito, California, que foi lanzado en 1987 pola Alchemy Records.

Durante 1988 Osborne e Crover mudáronse a San Francisco, California onde a banda gravou o seu seguinte álbum, Ozma, en maio de 1989, e voltaron posteriormente ese mesmo ano. En 1990, Nirvana estaba sen baterista, e Crover axudounos tocando nunha pequena xira que realizaron pola costaoeste xunto con Sonic Youth. Osborne deulle a Dave Grohl, que tocaba en Scream o teléfono de Krist Novoselic, baixista de Nirvana, e Grohl convertiríase no novo baterista do grupo.

Despois de rematar o traballo co álbum Bullhead, a banda saíu de xira por Europa, e o seu concerto do 23 de xaneiro de 1991 en Alzey, Alemaña foi editado como Your Choice Live Series Vol.12, sen a canción "It's Shoved" que aparece no recopilatorio It's Your Choice. Cando regresaron gravaron o seu seguinte traballo, Eggnog, que foi editado o mesmo ano através da Boner Records. En 1997 el apareceu no video de promoción de Offspring "All I Want".

Melvins
Dale Crover | Buzz Osborne | Jared Warren | Coady Willis
Lori Black | Mark Deutrom | Mike Dillard | Matt Lukin | Joe Preston | Kevin Rutmanis
Discografía
Álbumes: Gluey Porch TreatmentsOzmaBullheadLysolHoudiniPrickStoner WitchStagHonkyThe MaggotThe BootlickerThe CrybabyElectroretardHostile Ambient Takeover(A) Senile AnimalNude with Boots
EPs: | Six SongsEggnogKing BuzzoDale CroveJoe PrestonTora Tora ToraSmash the State

Categoría:Músicos de Washington

Advertisement