Rock Music
Register
Advertisement

Bruce Pavitt é o fundador do selo Sub Pop e de Akashic.com.

Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia, Washington en 1979, que trataba sobre as bandas independentes estadounidenses. A través do fanzine chegáronse a editar tres recopilatorios en cassette. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop: o Sub Pop 100.

Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman en 1986, cando Poneman convidouno a unha entrevista na KCMU, co obxectivo de promocionar o Sub Pop 100. En 1987, Kim Thayil de Soundgarden suxeriu que unisen as súas forzas.

En 1996, Bruce Pavitt renunciou á Sub Pop para formar unha familia.

Advertisement