Fandom

Rock Music

Britpop

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Britpop
Orixes do estilo: British Invasion, Glam rock, Indie rock, Madchester, New Wave, punk rock
Orixes culturais: Principios dos 90 no Reino Unido
Instrumentos típicos: Guitarra - baixo - batería - teclados
Popularidade: de 1994 a 1998 no Reino Unido e Irlanda
Subxéneros
new wave of new wave
Xéneros fusión

O britpop foi un xénero de rock alternativo británico e un movemento que foi moi popular sobre todo en Gran Bretaña a mediados dos anos 90. O britpop emerxeu da escena indie a principios da década dos 90 e estaba caracterizado por bandas influenciadas polo pop guitar británico dos anos 60 e 70. O movemento desenvolveuse como unha reacción contra varias tendencias musicais e culturais de finais dos 80 e principios dos 90, particularmente o fenómeno grunge dos Estados Unidos.

A pesares de que as bandas de britpop non tiñan un son unificado elas foron agrupadas xuntas polos medios primeiramente como una escena musical, máis que como un xénero propiamente, e posteriormente como un movemento cultural nacional. Blur, Oasis e Pulp son considerados os grupos máis representativos do britpop, e outras bandas asociadas a este movemento son Suede, Elastica, Ocean Colour Scene, Supergrass e The Verve. Esas bandas levaron o rock alternativo británico cara o mainstream e formaron a espiña dorsal dun movemento cultural británico aínda maior denominado "Cool Britannia".

A pesares de que as súas bandas máis populares foron capaces de manter o seu éxito comercial internacionalmente, sobre todo en Norteamérica, o movemento en gran parte se disolveu cara finais da década dos 90.

Icono guitarra.pngImportante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun xénero musical é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de álbumes en progreso aquí.

Estilo, raíces e influenzas Editar

As bandas de britpop estiveron fortemente influenciadas pola música inglesa dos anos 60 e 70, especialmente polas bandas de British Invasion coma The Beatles, The Rolling Stones, The Who, The Kinks e The Small Faces; por artistas de glam rock coma David Bowie e T. Rex; e grupos de punk rock como os Sex Pistols, The Jam, os Buzzcocks e Wire. As influenzas específicas de cada banda varían: Blur e Oasis beben dos Kinks e dos Beatles respectivamente; mentres que Elastica está máis influenciada por o arty punk rock.

Blur.jpg

Blur, unha das bandas máis importantes do britpop

As bandas de rock alternativo da escena indie dos 80 e de principios dos 90 foron on antecesores directos do movemento britpop. A influenza de The Smiths foi común na maioría dos artistas britpop. A escena Madchester, encabezada por The Stone Roses, Happy Mondays e Inspiral Carpets (para quenes Noel Gallagher de Oasis traballara de roadie), foi a raíz máis inmediata do britpop.

En termos de estilo, as bandas de britpop confiaban en temas pegadizos e escribían letras con temáticas afíns á mocidade británica da súa xeración. Estas bandas denunciaban que os grupos de shoegazing e grunge eran irrelevantes e non lle dicían nada ás súas vidas. Damon Albarn de Blur resumiu a súa actitude en 1993 cando despois de que lle preguntasen se Blur era unha "banda anti-grunge" dixo, "se o punk tratábase de desfacerso dos hippies, entón esu estou desfacéndome do grunge". A pesares do declarada enemizade entre os xéneros, algúns elementos eran comúns a ambos.

Historia Editar

Orixes Editar

As orixes do britpop están ligadas principalmente á escea indie de principios dos 90, e en particular a un grupo de bandas envoltas nunha vibrante escea social centrada na area londinense de Camden Town.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou