Fandom

Rock Music

Bono

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Bono
Bono.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Paul David Hewson
Nacido o 10 de maio de 1960
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Dublín, Irlanda Bandeira Irlanda.png
Instrumento(s) Voz
Bandas U2

Paul David Hewson (nacido o 10 de maio de 1960 e máis coñecido coma Bono) é o vocalista e principal letrista da banda irlandesa U2. Tamén e coñecido polo seu compromiso con causas humanitarias, sobre todo relacionadas con África, polo que chegou a ser nominado para o Premio Nobel da Paz.

Biografía Editar

Paul David Hewson medrou en Glasnevin xunto co seu irmán, Norman Hewson, a súa nai, Iris Rankin Hewson, protestante, e o seu pai, Brendan Robert "Bob" Hewson, católico romano. Bono tiña 14 anos cando a súa nai morreu o 10 de setembro de 1974 dun aneurisma cerebral no funeral do seu pai. Moitas cancións de U2, incluindo "I Will Follow", "Mofo", "Out of Control" e "Tomorrow", céntranse na perda da súa nai.

Asistiu ao colexio ecuménico de Mount Temple Comprehensive, o primeiro deste tipo que se estableceu en Dublín. Durante a súa infancia e adolecencia, Bono e os seus amigos formaron parte dunha banda surrealista chamada Lypton Village, que tiña o ritual de poñer un alcume a cada novo integrante. Bono tivo moitos sobrenomes: foi "Steinvic von Huyseman", despois só "Huyseman", "Houseman", "Bon Murray", "Bono Vox of O'Connell Street", e finalmente "Bono".

U2 Editar

En 1976, Bono respostou a un anuncio posto por Larry Mullen Jr., compañeiro de escola, no que buscaba xente para formar unha banda de rock. Tamén respostaron Dave Evans (The Edge), o seu irmán Dick Evans (quien saiu da banda pouco despois) e Adam Clayton. Os catro membros restantes formaron unha banda chamada "Feedback", nome que despois cambiaron a "The Hype", para finalmente quedarse con U2. Inicialmente Bono cantaba, tocaba a guitarra e escribía as cancións da banda. A medida que a técnica de The Edge foi mellorando, Bono foi asumindo en maior medida as voces, aínda que frecuentemente toca a guitarra rítmica e a harmónica.

Ao longo da súa carreira, Bono caracterizouse polos seus diversos cambios de apariencia, dende o seu pelo alborotado e teñido a principios dos anos 80, ata os seus alter egos durante as xiras Zoo TV Tour e Zooropa a mediados dos 1990.

Durante a xira Zoo TV Tour, Bono creouse dous alter egos, un chamado The Fly (a mosca), que representaba os excesos do estrelato, mentres que Mirrorball Man era unha caricatura dun tele-evanxelizador que representaba a avaricia. Durante a xira europea, renomeada Zooropa, Mirrorball Man transformouse en Mr. MacPhisto, unha extravagante figura demoníaca que cada noite facía unha chamada dende o escenario. A mensaxe contida nestas personaxes metafóricas tiña por destino satirizar a unha gran variedade de personas públicas e institucións, dende o entón presidente de Estados Unidos, George Bush pai, ata unha pizzeria local, á que se lle encargaron 10.000 pizzas para os asistentes ao concerto

U2
Bono | The Edge | Adam Clayton | Larry Mullen Jr.
Discografía
Álbumes: Boy - October - War - The Unforgettable Fire - The Joshua Tree - Rattle and Hum - Achtung Baby - Zooropa - Pop - All That You Can't Leave Behind - How to Dismantle an Atomic Bomb - No Line on the Horizon
Recopilatorios e EPs: ThreeWide Awake in AmericaPlease: PopHeart Live EPThe Best of 1980–19907The Best of 1990–2000ExclusiveThe Complete U2Live from Under the Brooklyn BridgeU218 Singles

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou