Rock Music
Register
Advertisement
Blues-rock
Orixes do estilo: Blues e Rock & Roll
Orixes culturais: Anos 60 en Inglaterra
Instrumentos típicos: Guitarra, baixo, batería, voz, teclados, armónica
Popularidade: Grande popularidade nos 60 e nos 70, e aínda popular hoxe en día
Subxéneros
Xéneros fusión

O blues-rock é un xénero que combina elementos do blues co rock and roll, enfatizando o uso da guitarra eléctrica. Comezou a desenvolverse como estilo diferenciado a mediados dos anos 60 en Inglaterra e nos Estados Unidos co traballo de bandas como Cream e The Rolling Stones, que experimentaron con música do vellos bluesmen Elmore James, Robert Johnson, Howlin' Wolf e Muddy Waters.

Caractarísticas[]

O blues-rock pode ser caracterizado pola improvisación bluseira, con progresións de blues de doce compases, extensas boogie jams (o boogie é un movemento rtmico típico do blues) enfocadas na guitarra eléctrica, e a cotío un son baseado en riffs máis pesados que a que se atopa no blues do estilo Chicago. Tamén soe tocarse en tempos rápidos, distinguíndose así do blues.

Advertisement