Billy Howerdel | |
---|---|
{{{caption}}} | |
Nome completo | Billy Howerdel |
Nacido o | 18 de maio de 1970 |
Falecido o | {{{morto}}} |
Orixe | New Jersey. Estados Unidos |
Instrumento(s) | Guitarra |
Bandas | A Perfect Circle Ashes Divide |
Billy Howerdel (nacido o 18 de maio de 1970 en New Jersey) é o fundador, guitarrista, compositor e produtor da banda A Perfect Circle. A súa nova banda chámase ASHES dIVIDE, que asinou un contrato coa Island Records e coa que agarda editar o seu álbum de debut en marzo do 2008.
Biografía[]
Antes de formar A Perfect Circle, Howerdel traballara como técnico de guitarras para Faith No More, Fishbone, David Bowie, The Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails, Guns N' Roses entre outras bandas.
Howerdel traballou coma roadie e técnico de Pro Tools para Tool durante a gravación e xira de Ænima, traballando con Maynard James Keenan, ao cal coñecera en 1992. Durante este tempo, Howerdel tocoulle a Keenan algunhas das súas cancións e Keenan ofreceuse a cantalas se Howerdel decidía formar unha banda. A pesares de que el prefería unha voz feminina, Howerdel aceptou o ofrecimento de Keenan. En 1999 Howerdel fundou A Perfect Circle e invitou a Keenan a unirse como cantante.
Howerdel ocasionalmente tocou en directo coa banda Abandoned Pools. In 2005, el compuxo e gravou música para o videoxogo Jak X: Combat Racing, coas colaboracións de Danny Lohner e Josh Freese, Joey Castillo e Troy Van Leeuwen de Queens of the Stone Age, Atom Willard de The Offspring, a ex-baixista de A Perfect Circle Paz Lenchantin, e Wes Borland de Limp Bizkit. Howerdel está actualmente traballando nun novo álbum.