Fandom

Rock Music

Afghan Whigs

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Afghan Whigs Logo.jpg
Afghan Whigs.jpg
{{{caption}}}
Orixe Cincinnati, Ohio
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 1986 - 2001
Xénero(s) Rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Sub Pop, Elektra, Columbia
Membros Greg Dulli
John Curley
Rick McCollum
Michael Horrigan
Steve Earle
Paul Buchignani
Antigos membros
Web oficial


Afghan Whigs foi unha banda de rock con influencias soul formada no ano 1986 en Cincinnati, Ohio e que se desfixo no 2001.

Afghan Whigs destacou porqué, aínda que estivo enmarcada a miúdo na escena de Seattle, dado que tocaban moito nesa cidade, e teñen un son guitarreiro, desmárcase dos demais grupos por seren unha mestura de soul e rock, e ter un especial sentido musical e da imaxe. A voz de Greg Dulli contribúe moito a iso.

Historia Editar

A lenda di que Afghan Whigs naceu nunha celda en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli tivo a idea de roubarlle a un policía e rematou na comisaría. Na celda, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous mantiveron surxíu a idea de formar unha banda, Afghan Whigs, que só se concretaría un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).

Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois, e tocaron versións de Neil Young ("Like a Hurricane") e dos Rolling Stones ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuio título era unha referencia á noite da creación da banda, Big Top Halloween en 1988. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ao parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.

O álbum foi lanzado polo entón recén creado selo independente Ultra Suede, do propio baterista da banda, Steve Earle. O disco foi máis tarde descrito por Greg Dulli como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.

Nesa época, Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. Greg Dulli trasladouse a Los Angeles, para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en Cincinnati.

En 1990, a banda recibíu unha chamada da influínte discográfica Sub Pop, que lanzou máis tarde o álbum Up In It e aumentou a popularidade da banda no circuito underground. Pero en 1991, durante unha pequena xira por Inglaterra, Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña neumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento en Los Angeles, onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.

Congregation, de 1992, tamén lanzado pola Sub Pop, amosaba á banda cun son máis depresivo, pesado, amosando nas letras o gusto de Greg Dulli pola desesperación e a traxedia, ao mesmo tempo que continuaban evidenciandose as influencias do soul. Afghan Wigs estaba inserido no escenario grunge da época, pero a banda tiña unha identidade propia que ía alén da mestura Black Sabbath/Led Zeppelin e punk rock.

Depois de Congregation, Greg Dulli volta para Cincinnati e Afghan Wigs finalmente pode ensaiar e compoñer como uma banda novamente, e o resultado diso foi Gentlemen o disco con mellor produción da banda. O disco foi o primeiro en ser lanzado por unha grande discográfica, xa que Afghan Wigs asinaran coa Elektra. O disco tivo unha excelente repercusión da crítica e os excelentes sinxelos "Debonair" e "Gentlemen" ata se fixeron un oco nas listas, pero a banda permaneceu restrinxida aos circuitos alternativos.

Despois dunha extensa xira, a banda tomouse un descanso para só retornar en 1996 cun disco novo. Nese medio tempo, Greg Dulli aproveitou para participar como vocalista na Backbeat Band, formada especialmente para facer a banda sonora da película sobre [[The Beatles "Backbeat". Na Backbeat Band, tocaron ao lado de Dulli Dave Grohl de Nirvana, Thurston Moore de Sonic Youth, Dave Pirner de Soul Asylum e Mike Mills de R.E.M.

Black Love, o novo disco de Afghan Whigs lanzado en 1996 deixou un pouco de lado as guitarras pesadas para concentrarse nas influencias da black music dos anos 70, da era da Motown e afíns, pero mantendo a identidade da banda en cancións escuras e sombrías.

O disco tivo boa recepción da crítica, pero confundíu aos fans de rock alternativo e acabou vendendo menos que o seu antecesor. Despois dunha mudanza de discográfica, o disco 1965 foi lanzado dous anos despois, en 1998, pola Columbia Records.

O novo disco seguía a mesma liña do álbum anterior, desta vez cunha sonoridade mais "retro", como o propio nome podería suxerir. Despois da xira de divulgación do disco, Greg Dulli formou un proxecto paralelo, The Twilight Singers, con músicos convidados da cidade de New Orleáns, a meca do jazz e da música negra. The Twilight Singers lanzou o seu álbum de estrea en 2000. Nesa época, todos os integrantes de Afghan Whigs vivían en diferentes cidades e as dificuldades en manter a banda unida foi o motivo do seu final, anunciado en febreiro de 2001.

Greg Dulli hoxe comanda a banda Twilight Singers, onde explora toda a súa gama de influencias nun contexto menos rock. Dulli montou tamén Gutter Twins, ao lado do amigo Mark Lanegan, de Screaming Trees e Queens of the Stone Age.

MembrosEditar

  • Greg Dulli: voz e guitarra.
  • Rick McCollum: guitarra.
  • John Curley: baixo.
  • Steve Earle: batería.

DiscografíaEditar

Álbums de estudoEditar

EPsEditar

The Afghan Whigs
Greg Dulli | John Curley | McCollum | Michael Horrigan
Steve Earle - Paul Buchignani
Discografía
Álbumes: Big Top Halloween | Up in It | Congregation | Gentlemen | Black Love | 1965
EPs: Uptown Avondale | What Jail Is Like EP | Honky's Ladder EP | Bonnie & Clyde EP

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou